Dificuldade técnica   Moderado

Coordenadas 433

Uploaded 28 de Agosto de 2012

-
-
761 m
324 m
0
5,6
11
22,26 km

Visualizado 5541 vezes, baixado 74 vezes

próximo a Vilarinho das Furnas, Braga (Portugal)

INTRODUCIÓN

O marco xeográfico do Camiño da Raíña Santa, encádrase nos Vales do Cávado, Limia, Arnoia e Miño, encaixado a media ladeira dos montes que forman as Serras do Guerês, Xurés e Leboreiro. Todo este territorio Galaico acumula unha elevada actividade histórica ao longo dos tempos, atesourando moitos e valiosos restos patrimoniais que van desde a Idade de Pedra á actualidade; conservándose nas inmediacións deste ancestral camiño: mámoas, gravuras rupestres, castros, xacementos romanos, medievais e elementos etnográficos de moitísimo nivel.
No aspecto natural, o camiño atravesa fermosos cursos de auga, carballeiras e soutos centenarios, bosques de acivros, viñedos e praderíos en socalcos que forman paisaxes agrarias tradicionais, típicas dunha agricultura de montaña. O seu transcurso privilexiado a media ladeira outorgalle o papel de balcón, que permite disfrutar dunha espectacular visibilidade dos vales e montañas Galaico-Portuguesas.


RESEÑA HISTÓRICA

Os principais impulsores da dinamización xacobea deste itinerario están marcados polo culto a San Rosendo en Celanova, o Santo Cristo de Ourense e San Trocado, éste, primeiro en Santa Comba e logo en con motivo do seu traslado, en Celanova.

A tradición hispánica mozárabe informanos que San Trocado foi un dos sete discípulos do apóstolo Santiago, e segundo o Códice Calixtino, participou no traslado do seu corpo a Compostela. Nese sentido, que os seus restos se atopen a beira deste camiño, no antigo mosteiro de Santa Comba de Bande, é unha viva testemuña da súa importancia.

A devoción a San Trocado chegaba ao punto de que se rañaba coas unllas o sarcófago para levar parte do pó que se desprendía, do que se dicía que tiña propiedades miragreiras. Esta mesma devoción incrementou o seu poder de convocatoria co polémico traslado das súas reliquias ao mosteiro de Celanova. Conta a lenda que os monxes do Mosteiro de San Salvador cargaron o sarcófago do Santo nun carro de bois e marcharon cara Celanova, pero chegaron a un punto que non había xeito de que os bois xunguidos avanzasen, polo que os monxes tiveron que deixar o sarcófago e levar só as reliquias.

Neste mesmo itinerario e onde se sitúa a lenda recollida por Ambrosio de Morales no seu “viaje santo” da fundación da ermida de san Trocado, con motivo dun miragre de san Rosendo. Así o recolle Elisa Ferreira no obra Os Camiños Medievais de Galicia “por el que unos portugueses que habían robado sus reliquias de Celanova y huían por allí en dirección a su tierra, quedaron paralizados sin poder seguir adelante, y allí se levantó la ermita”

FONTES DOCUMENTAIS

As fontes escritas relacionadas con esta importante ruta xacobea son: O tombo de Celanova: Tomos I e II. A modo de exemplo temos o documento n º 156 do 15 de setembro do ano 1142 no que se recolle o “pacto entre Pelaio abade de Celanova, e don Xerardo tenente da obediencia de San Paio de Veiga e representante dos Hospitalarios de Xerusalén, para facer e rexer un hospital na Portela de Samuel, en terras de propiedade celanovesa”.

A presenza no seu entorno dos Templarios e dos Hospitalarios de Xerusalén, así como a necesidade de ter que construír un hospital, infórmanos da magnitude do fluxo de peregrinos. Que a Orde do Temple, estuvera presente para defender e protexer aos peregrinos, reforza a súa importancia. No ano 1728 Matos Ferreira sitúaos en San Joâo do Campo, no tramo portugués “a donde hoje está, fundacâo dos Cavalleyros Templarios que defendiâo a estrada de Geyra (…) principalmente as das Casas Santas de Jerusalem, e do Apostolo Sao Tiago, que nesse tempo era a Geyra”.

Precisamente esta fonte historiográfica é a máis precisa que temos para documentar este camiño xacobeo. O Pai José Matos Ferreira, que no ano 1728 editou un libro titulado: Thesouro de Braga descuberto no Campo do Gerez, onde relata a camiñata que realizou pola Vía Nova desde Braga. Esta vía romana, perfectamente identificada e documentada de Braga a Astorga, á altura de Chaus da Limia desdóblase cara Celanova e Ourense como itineraro Xacobeo. Así dinos: “…..dahi corta o Ryo Lima pella Ponte Pedrinha (obra Romana, q. hinda existe) e continua por baixo do lugar de Ermille, e dahi ao lugar dos Châos da Limia. Deste sitio say outro caminho militar pella Limia asima sempre fronteyro a oriente, e he estrada q. diz Antonino, e D. Rodrigo da Cunha que vay p.ª a cidade de Astorga. E tomando-nos á nossa Geyra p.ª Lugo (deixando o caminho de Astorga), dos Châos da Limia vay ao Pilio, e dahi ao marco da Gandra, em cujo sitio estâo dous Padroens grandes, q. por terem moitas letras gastas, as nâo copiei, nem o t.po mo permitiu tanta demora en Reyno estranho; dahi vay ao Castro da Nogueira con hûa volta que faz na freg.ª de Sta. Chistina de Monte Longo, e neste sitio do Castro da nogueira existem huus pequenos vestigios de hû Castello adonde se tem achado tambem algûas moedas romanas, dahi vay por sima do lugar de Villela dahi ao monte de Villa Velha, q. está na freg.ª de S. Joâo dos Banhos adonde antigamente houve hûa grande povoaçâo, a q. mta. Gente daquella terra dâo o nome de Calcedonia; na tal povoaçâo tinhâo os Romanos casa de banhos, e pte. Desta obra inda existe, e da mesma sorte as fontes dos banhos de q. a gente daquellas ptes. Se aproveyta. De Villa Velha vay ao Souto de Bizilerins e dahi ao Castro de Rubians, aonde antigamente houve un castello, dahi á ponte Cadoz que ainda existe, dahio ao lugar de Regrem, dahi ao Cruceiro de Sarriaos, dahi ao Salgueiro da freg. Da Portella, dahi, ao lugar de Gontam, dahi á freg.ª de S. Martinho, dahi ao lugar do Feal, dahi a Ponte Pedrinha ( q. fica perto de Cela Nova), dahi ao lugar de Orga, dahi a S. Paio da Merca, dahi á Merca, dahi ao Souto do Penedo, dahi a S Sibrâo da Vinhas, dahi á Cid. De Orense, tendo corrido desde Braga o espaço de dezasete legoas.”

Este itinerario está ben identificado nos “Caminhos Portugueses de Peregrinação a Santiago de Compostela”. A partir de Lisboa podemos falar de dois grandes Caminhos que atravessam o país de Sul a Norte, um na costa e um no interior. De Lisboa seguem em direcção a Coimbra (existem duas variantes por Tomar – que corresponde, até Santarém ao Caminho do Tejo - ou por Leiria). Em Coimbra existem também duas alternativas, pelo interior (por Viseu e Chaves que sai de Portugal em Feces de Abaixo e se junta à Via da Prata em Verin), ou pela costa (em direcção ao Porto). No Porto temos opção entre Barcelos e Braga. Em Braga segue para Ponte de Lima ou para a Portela do Homem, em Barcelos segue para Viana do Castelo ou para Ponte de Lima. De Ponte de Lima segue para Ponte da Barca e Vilarinho das Furnas ou para Valença. Existe aínda uma outra alternativa entre Caminha e Vila Nova de Cerveira.


Parte dos peregrinos que viñan venerar a San Trocado, a San Rosendo e o Santo Cristo de Ourense, continuaban camiño de Santiago. Como exemplo temos a testemuña do ano 1255, cando a Raínha Isabel II de Portugal peregrinou a San Salvador de Celanova e logo continuou a Santiago de Compostela. Feito histórico que lle valeu o calificativo de Camiño da Rainha Santa, a un percurso que se empregou como rota de peregrinación portuguesa a Santiago ata os inicios do século XX, recollendo sobre todo peregrinos do distrito de Braga.

O ROTEIRO

O camiño da Raínha Santa entra en Galicia pola Portela do Home, no concello Lovios, vindo desde Braga polo trazado da Via Romana XVIII, tamén coñecida como Via Nova, que unía as capitais conventuais de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).
No seu primeiro tramo descende paralela ao río Caldo, zigue-zagueando nas faldas das montañas do Xurés para, tras cruzar o saltarín Corgo da Fecha, abordar o asentamento Romano de Aquis Originis, preto das fontes termais de Baños de Río Caldo. Prosegue pola Via Nova ata Vilameá, pasando á beira dun rústico cruceiro dos máis antigos do país. Tras cruzar o transparente río de Vilamea, ascende ata a Portela da María, onde un marco petrografado con cruces nos indica unha antiga demarcación medieval. Desde a Portela descende ata o cruceiro de Cima de Vila e, entre Pazos, viñedos e socalcos chega ata vila de Lovios. Seguidamente, intérnase na Costa Pereira para descender ata a Ponte que vadea o ría Macaco e, pasando á beira do cruceiro da Portaxe, chega ao río Salas, cuxas augas do encoró esconden unha espctacular ponte medieval visible na estiaxe.
A partir do Salas, comeza un duro e pronunciado ascenso ata Parada de Ventosa, atravesando a tradicional aldea de Ganceiros e bordeando polo nacente os montes do Trabazo, o Chamadoiro e o Coto dos Ladrós. Pasado Parada, no Concello de Muíños, cruza o río Limia na Presa das Conchas, no lugar onde se atopa asulagada a Ponte Pedriña, obra de fábrica romana para servizo da mencionada Via Nova.

1 comment

  • Foto de Louro

    Louro 26/Out/2015

    Boa tarde,

    Gostava de saber mais sobre este caminho e a sua ligação a Ourense. É possível saber mais sobre as sua ligação com a Rainha Santa. Obrigado

You can or this trail