Tempo em movimento  6 horas 59 minutos

Horas  um dia 3 horas 46 minutos

Coordenadas 4098

Uploaded 24 de Fevereiro de 2019

Recorded Fevereiro 2019

-
-
1.468 m
809 m
0
6,2
12
24,73 km

Visualizado 108 vezes, baixado 5 vezes

próximo a Marao, Porto (Portugal)

Prólogo escrito e roteiro elaborado por Álvaro, o noso Bareto.
No extremo sur do Maciço Galaico, entre os rios Douro, Corgo e Tâmega, a Serra do Marão constituiu historicamente un obstáculo que impedia a comunicaçon directa das grandes cidades do Minho e Douro Litoral (Braga, Guimarães, Porto) coa region interior do país, que precisamente por este motivo recibe o nome de Trás-os-Montes. O complicado paso da rota do Marão simbolizava a entrada nun território isolado e indómito, que non se deixava governar doadamente dende a distância. De aí o dito popular: «Para lá do Marão, mandam os que lá estão».
Actualmente, a linha de ferrocarril evita a serra seguindo as curvas do rio Douro, pero o problema da comunicaçon directa a través do Marão non se resolveu de todo até 2016, cando se inaugurou o túnel da autoestrada A4. Con 5,8 km, este é o túnel de estrada máis longo da Península Ibérica (descontando o túnel da M30 en Madrid que non cruza montanha ningumha e mai-lo túnel de Somport nos Pirineus que sae fóra da península).
Nós imos percorrer practicamente toda a serra neste roteiro de 23 km:
(Perfíl do roteiro adxunto en fotos)
Começamos na aldeinha de Mafómedes, na parróquia/freguesia de São Pedro da Teixeira, na comarca do Baixo Tâmega (região do Douro Litoral). Dende a ponte sobre o rio da Teixeira, subiremos fazendo zig-zags pola forte pendente até o cúmio do Alto dos Seixinhos (1278 m). Dende aí e pola crista da serra, acadaremos primeiro o cúmio da Fraga da Ermida (1397 m), e a seguir o próprio Marão (1416 m). Nesta parte estaremos indo sobre a fronteira de Trás-os-Montes (freguesias de Sedielos, Vinhós, Fontes e Campeã, todas na comarca do Alto Douro). Por esta última parróquia baixaremos até a antiga mina de ferro Maria Isabel, cheiramos a ver que hai por ali e miraremos de monta-la tenda por algun lado. Este é o ponto baixo na metade do roteiro, entre os quilómetros 11 e 12.
No dia seguinte, recomeçamos a rota subindo ao Alto de Freitas (1344 m) e dende aí seguimos pola crista occidental da serra, lindando coa freguesia de Ansiães, de novo no Baixo Tâmega, até o Penedo Ruivo (1232 m), cúmio situado junto à mina do Teixo, moi antiga (de origen romana), onde se extraiu antigamente ouro, e modernamente estanho e máis coltán. Despois de explorar este lugar, so falta descer de novo até a aldea de Mafómedes, e final.
...(Por editar)
Vista da aldea dende o comezo da subida.
Vista cara o sur do val
Alonxándonos cara a cresta
Chegados á cresta divisamos ó sur da serra o río Douro
Primeiro alto dende o que contemplamos o escarpado da serra e o camiño a seguir
Seguindo pola cresta, voltamos a divisar a aldea dende a parte alta do val
Abraiantes vistas e un balcón de vértixe cara o precipicio.
Pódese alviscar unha gran boca de entrada á mina, así como apreciar a profundidade do val.
Cumio máis alto da serra.
Impresionante panorámica do macizo rochoso.
impresionante barranco de case 100 metros de desnivel
Entrada pola que iniciamos a incursión nas galerías.
Que mellor lugar para pasar unha noitiña...
Baixada á mina cun pequeno e fermoso descenso entre rochas. Mellor axudarse das mans.
Moito ollo xenteee
Entrada pola que saímos da ruta pola galería
Varias entradas de galerías.
Algo de bosque viña ben...
Iniciamos outro ascenso. ¡Carallo para o bosque...!
Portela da baixada á mina co alto do Marao de fondo
Principio e fin do roteiro
Remollar os pes... beber con sentidinho

Comentários

    You can or this trail