Tempo em movimento  3 horas 24 minutos

Horas  5 horas 46 minutos

Coordenadas 2745

Uploaded 22 de Julho de 2018

Recorded Julho 2018

-
-
1.248 m
906 m
0
4,0
7,9
15,81 km

Visualizado 77 vezes, baixado 1 vezes

próximo a Abades, Galicia (España)

Moi interesante ruta que comeza na aldea de San Paio, no concello de Baltar. Esta aldea, dunha certa grandura, mostra trazas dun pasado máis puxante aínda que esta algo viva. A ruta sobe logo por unha boa pista, polo medio de extensas carballeiras, ata atravesar na parte alta a fronteira con Portugal. Descorre logo polo territorio luso ata a aldea de Sendim que pasa por ser a máis alta de Portugal con 1150 metros e tamén a máis próxima da Galiza pois está case encima da marxe. Malia que dende lonxe se ven as casas ben telladas, o certo é que mostra un grande despoboamente e mesmo abandono.
O seguinte punto de interese é o Coto de Sendim, en cuxa cima seica houbo un castelo mais hoxe non se observa ningún vestixio del (documéntase en 1509 por Duarte de Armas no Livro das Fortalezas). Trátase dun esgrevio rochedo que ten na cima un vértice xeodésico. Dende aquí podemos contemplar unha magnífica panorámica sobre as terras do Barroso, en Portugal; sobre parte da Limia e tamén sobre o Couto Mixto e todo o val do Salas.
Dende aquí só é descender tamén por pistas ata a aldea de San Martiño dos Peros e logo, por estrada, polas de Medos, Sabucedo dos Peros ata o inicio.
No treito de subida ten moita sombra e tamén nalgún tramo da baixada, pero bastante menos.
O desnivel sálvase sen mor dificultade, quitando un pequeniño repecho para subir ao Coto de Sendim. Nesta parte poderíase alterar sen dificultade o trazado e non subir ao mogote...
Como resumo: é unha ruta dunha gran beleza paisaxística, con diversos puntos de interese nas aldeas que atravesa e cunha xente (pouca) moi cordial e disposta e charlar un rato co camiñante.
Tempo indicado para facela: en días claros. Con tempo ventoso pode ser moi desagradable a parte alta. (Se hai neve xa quedaría ao criterio de quen se arriscase a facela.) Na baixada pode chegar a facer calor aínda que estando a esta altitude...
Como único "pero", a fracción de trazado que descorre por asafalto. (Seguindo: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-paio-de-abades-sendim-san-paio-baltar-ourense-25287991)
Sen uso...
Chama a atención, e mesmo leva á tenrura, a imaxe da señora velliña, posta ao sol e apoiada na porta. Toda vestida de preto, leva a outros tempos...
A subida pode dar algún medo pero non resulta excesivamente perigosa (cadaquén que mida as súas posibilidades) e as vistas dende o curuto so espectaculares!
A fonte do "Movimiento", a campá da antiga escola, as casas sólidas...
...aínda que bastante seca (de non usala, seguro)
A (presunta) capela non o é: é un "teleclub"

Comentários

    You can or this trail