Coordenadas 1189

Uploaded 3 de Maio de 2014

Recorded Maio 2014

-
-
584 m
291 m
0
3,7
7,5
14,99 km

Visualizado 3847 vezes, baixado 118 vezes

próximo a Arga de Baixo, Viana do Castelo (Portugal)

A Serra d´Arga é un macizo montañoso pertencente ao sistema da Peneda-Gerês que ten a súa máxima cota no Alto do Espinheiro (825 m). Desde as alturas ten boas vistas sobre a vila de Caminha e máis a española A Garda, a outra beira do río Miño.

As abas desta serra granítica están sucadas por empinados camiños carreteiros que unen as aldeas serranas coas brandas de altura. Por estas carrilleiras co seu firme de pedra riscado polas rodeiras testemuña do paso das carruaxes, por aquí, na súa meirande parte, será por onde transcorrirá o noso roteiro.

O percorrido circular podémolo comezar na estrada que une Arga de São João con Arga de Baixo, baixando xa andando polo vieiro que entre abetos leva ao mosteiro de São João, de finais do século XIII e declarado Monumento Nacional.

Segue o descenso acompañando ao río Ribeiro de São João e coincidindo co Trilho da Pedra Alçada, acadamos São João. Logo de sair da aldea -alá embaixo albiscamos Dem- comezamos a arrodear o macizo da Pedra Alçada para conectar co camino carreteiro que desde Pedrulho gabea cara ao cumio.

Na branda deixamos esta fermosa carrilleira continuando por enchoupados pasteiros e de novo ascendemos por outro vieiro laxeado que leva ata a forca onde ten o seu nacedeiro a Ribeira de São João. Só resta seguir o curso do río para achegarmonos ao punto de arrincada da nosa andaina.

View more external

Bosque de abetos a carón do mosteiro de São João de Arga.
Área recreativa na estrada que vai de Arga de São João a Arga de Baixo. Punto de comezo do noso roteiro.
Aldea da cámara municipal de Caminha, situada na Serra d´Arga.
Bosque de bidueiros nas marxes do Ribeiro de São João.
Zona de pasteiros de altura na Serra d´Arga.
Camiño carreteiro empedrado que baixa polo mosteiro cara a Arga de São João.
Camiño carreteiro empedrado que sube desde Pedrulho cara a Pedra Alçada.
Camiño carreteiro empedrado que sube pola Serra d´Arga.
Punto de inicio do noso roteiro a carón da área de lecer que hai no desvio ao mosteiro de São João de Arga.
Cruceiro situado no abetal que hai a carón do mosteiro de São João de Arga.
Cruceiro situado a carón do camino que baixa polo mosteiro de São João de Arga.
Sendeiro de gran recorrido que atravesa a Serra D´Arga.
Pequena lagoa orixinada pola represa dun pequeño rego, por riba de Dem.
Restos dunha antiga levada de auga para un muíño. Nas abas da Serra d´Arga, por enriba de Pedrulho.
Mosteiro que data do século XIII. Está declarado Monumento Nacional.
Pontón sobre un rego afluente do Ribeiro de São João.
Pequeño rego na aldea de Abelheira.
Río que nace na Serra d´Aga e que é afluente do Coura.
Pequeño bosquete de sobreiras nos arredores de Arga de São João.

2 comentários

  • Foto de Lucas Martinez F

    Lucas Martinez F 18/jun/2014

    Estaba vendo para facer esta ruta, pero sabes a que se debe a esa subida esaxerada na altimetría, hai algunha zona de escalada?
    Saúdos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 19/jun/2014

    Ola, Lucas.
    Ainda que no perfil do roteiro aparece ese salto tan brusco, na realidade non é así, sendo as subidas e baixadas graduais. Non terás problema para facelo e a zona é moi fermosa.
    Supoño que o problema radica en que editei o track para eliminar uns desvíos sen interese e que non aparecen xa na ruta metida en Wikiloc.
    Saúdos de Suso.

You can or this trail