Dificuldade técnica   Moderado

Coordenadas 513

Uploaded 30 de Agosto de 2012

-
-
883 m
550 m
0
5,5
11
21,91 km

Visualizado 2500 vezes, baixado 70 vezes

próximo a Grou, Galicia (España)

VER CONTEXTO HISTÓRICO EN Tramo 1 (Portela do Home-As Conchas)

O ROTEIRO
Desde a Presa das Conchas (en territorio do concello de Lobeira), prosegue o camiño da Raíña Santa, pasando polas aldeas de Tedós, Ermille, Os Chaus e Fradelevite, faldeando os sopés da Serra de Motas e Viso.
A partir dos Chaus, deixa o trazado da Via XVIII, internándose nunha espectacular congostra para desenvolverse por unha vía romana secundaria que unía a Quaquernia (Bande) con Ourense. Xa nas Terras de Bande, chega ao templo Galaico-visigótico de Santa Comba de Bande, pequena xoia arquitectónica do século VII, para seguir polas aldeas de Quintela, Lobosandaus e ascender ata o cruceiro de Vilela, baixo o dominio do castro de A Croa.
Bordeando o Monte de Pena Maior, coroado cun castriño, accede entre carballeiras e soutos centenarios ás aldeas de Souto, Pazos e Rubiás, para cruzar o río Cadós, ao pé dun peto de ánimas porticado na Ponte Cadós, e ascender ata Recarei, Sarreaus e o Alto do Vieiro, pasando á beira do Castro homónimo e con grandes vistas sobre o concello de Bande e o Monte Grande.

  • Foto de Camiño da Raíña Santa entre Os Chaus e Fradelvite
  • Foto de Camiño da Raíña Santa entre Os Chaus e Fradelvite
Espectacular corredoira que comunica Os Chaus con Fradelvite
  • Foto de Igrexa Galaico-Visigótica de Santa Comba de Bande
  • Foto de Igrexa Galaico-Visigótica de Santa Comba de Bande
Xoia da arquitectura Galaica, construída no século VII, baixo dominio do País Galego polos Visigodos.
  • Foto de Campamento Militar Romano de Aquis Querquernis
  • Foto de Campamento Militar Romano de Aquis Querquernis
Campamento militar do Século I da nosa era, construído polos romanos para seguimento da execución e posterior control do trazado da Via Nova ou Via XVIII
  • Foto de Fonte e Lavadoiro de Lobosandaus
Ao longo do percorrido sucédense as manifestacións da arquitectura popular galaica plasmada en fontes, petos, cruceiros...
  • Foto de Aldea tradicional de Vilela
Vilela, coma outras aldeas polas que pasa o camiño, presentan unha gran mostra da rica e variada arquitectura popular do noso país: con casas de pedra e corredor de madeira, capeliñas, fontes, cruceiros, petos de ánimas, canellas, levadas, muíños, fornos, airas...
  • Foto de Aldea Tradicional de Rubiás
A fermosa aldea de Rubiás. ocupa parte da Civitas Meidunium. que durante o dominio romano da Península Ibérica, exercía de capital da Baixa Limia.
  • Foto de Carballos da Sementeira. Bande
Espectaculares especimes de Querqus Robur situados na praza da igrexa de Bande, cuxa idade sobrepasa o medio milenio.
  • Foto de Almiñas de Sarreaus
  • Foto de Almiñas de Sarreaus
Peto de ánimas de moi boa factura e rústica talla das almiñas.
  • Foto de Fonte e Área de Lecer de O Vieiro
Pictórica fonte do Vieiro, cuxas augas surxen por un castiñeiro centenario, cortado cando se construíu a nova OU-540, e que no inverno se enche de carampelos de xeo.

Comentários

    You can or this trail