-
-
1.269 m
984 m
0
3,3
6,7
13,32 km

Visualizado 163 vezes, baixado 0 vezes

próximo a Bico, Viana do Castelo (Portugal)

Castro

1 comment

  • Foto de ferodos

    ferodos 19/set/2017

    Remedio contra o estrés:

    Levantarse un sábado pola mañá, non moi tarde para aproveitar mellor o día. Non é preciso que sexa sábado, podemos usar un día calquera que teñamos dispoñible.

    Reunirse nun punto de encontro cun grupo de amigos, tratando de ser puntuáis para evitar que afloren os nervios dos que agardan. Reconmendamos deixar as cousas preparadas o día anterior para evitar tardanzas.

    Desplazarse ata Castro Laboreiro amodiño para ir creando un ambiente de relaxación, de paz, de tranquilidade. Ter en conta que debido ás ansias por chegar a un lugar tan fermoso, seguro que alguén se queixará pola velocidade do desprazamento. Debemos ignorar estas queixas, este é un paso moi importante para aplicar con éxito a terapia.

    Percorrer as aldeas serranas de Castro Laboreiro. O camiño debe facerse devagar, contemplando as fermosas e impresionantes paisaxes, observando e disfrutando da natureza. Debemos manter amenas conversas, son moi importantes para perder a noción do tempo. Non preocuparse se o camiño se acaba e non sabemos por onde seguir, manter a calma, enseguida atoparemos o xeito de seguir e sentiremonos moi reconfortados pola proeza.
    Non dudar en aproveitar as frescas augas do río para descalzarnos e mergullar os pes. Se a temperatura do día o permite podemos aproveitar para darnos un baño.

    Rematar o día cunha cea nun dos restaurantes de Castro Laboreiro. Facelo co ritmo levado durante o día e seguindo coa agradable conversa. Pódese acompañar cunha botella de viño e postre.

    Este tratamento probámolo Ana, Carlos, Diego, Ismael e Olga cun resultado moi satisfactorio. Recomendámolo.

You can or this trail