Horas  4 horas 15 minutos

Coordenadas 963

Uploaded 8 de Dezembro de 2013

Recorded Dezembro 2013

-
-
283 m
17 m
0
2,9
5,8
11,54 km

Visualizado 5301 vezes, baixado 28 vezes

próximo a Pecene, Viana do Castelo (Portugal)

A Torre da Silva é unha construción do século XVI de carácter defensivo e de forma cuadrangular que forma parte da señorial Casa da Torre, na freguesía de Silva, en Valença do Minho.
O noso percorrido, non sinalizado, parte da igrexa de São Bento da Porta Aberta, en Cossourado (Paredes de Coura) e transcorre deseguido polas freguesías de Fontoura, São Julião e Silva, pertencentes a Valença.
Os primeiros pasos son polo Caminho Central de Santiago e tamén antiga Vía Romana XIX. Afástamonos axiña do treito xacobeo para coincidir de novo con el en Fontoura, onde veremos a capela do Senhor dos Aflitos e a Igreja Matriz. Polo Caminho da Igreja deixamos atrás Fontoura, pasamos polo moinho da Lavandeira e unha quinta cunha explotación vitivinícola, xa na freguesía de Silva e aquí contemplaremos a Casa da Torre e a igreja de São Julião.
Avantamos por empedrados vieiros ata Reguengo para finalmente chegar ao punto de saída na igreja de São Bento da Porta Aberta.

View more external

Peto de ánimas en Fontoura.
Pequeño rego nos comezos do percorrido.
Camiño entre Fontoura e o lugar de Rio Torto.
Camiño xacobeo ao seu paso por San Bento da Porta Aberta, Cossourado.
Capela en Fontoura, ao paso do Camiño de Santiago.
Chanzos de pedra no muro.
Parroquia de Valença do Minho.
Igrexa en Fontoura, no Camiño de Santiago.
Igrexa da parroquia de São Julião, Valença.
Muíño no lugar de Souto.
Quinta na parroquia de Silva, Valença. Conta cunha explotación vitivinícola.
Igrexa na que comezamos o noso roteiro, en Cossourado, Paredes de Coura.
Torre defensiva do século XVI na Casa da Torre, na parroquia de Silva, Valença.
A Vía Romana XIX do itinerario de Antonino unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), pasando por Lucus Augusti (Lugo).
Plantación de viñas nunha quinta da parroquia de Silva, Valença.

Comentários

    You can or this trail