bunto
  • Foto de Seijo - Circular 1 ( Castro - Penizas - o Con )
  • Foto de Seijo - Circular 1 ( Castro - Penizas - o Con )
  • Foto de Seijo - Circular 1 ( Castro - Penizas - o Con )
  • Foto de Seijo - Circular 1 ( Castro - Penizas - o Con )
  • Foto de Seijo - Circular 1 ( Castro - Penizas - o Con )

Dificuldade técnica   Moderado

Coordenadas 157

Uploaded 15 de Agosto de 2011

Recorded Agosto 2011

-
-
158 m
19 m
0
1,9
3,8
7,58 km

Visualizado 907 vezes, baixado 1 vezes

próximo a Campo, Galicia (España)

gasolinera - A Brea - Castro - Penizas - Currás - O Campo - As Abesadas - paralelo via rápida - O Con - Soaje - colegio - A Brea - gasolinera
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/igrexa-de-santa-maria-do-campo/ Tipo de ben: Igrexa , Concello: Marín Parroquia:Campo (Santa María) Lugar:Campo Cronoloxía: Época Baixomedieval , Descrición: A Igrexa de Santa María do Campo conserva boa parte da súa primitiva traza románica, aínda que o que hoxe é visible é o resultado de sucesivas reformas en varias épocas. A parte máis antiga corresponde ao actual testeiro ou cabeceira, de pranta cuadrangular e cuberta de madeira, no que se abre unha xanela con arco de medio punto que acolle dous vans xeminados con arquiños de ferradura, todo enmarcado por unha sinxela moldura de dentes de serra. A este testeiro, e aproveitando os materiais da igrexa primeira, se engadiu cara o século XIII un corpo meirande, dunha soa nave, e de pranta rectangular, comunicado co testeiro mediante un arco triunfal. Na decoración exterior destacan os canzorros con figuras de animais e humanas, dispostos ao longo do aleiro, e o agnus dei que remata o pincho, á altura do presbiterio. Na portada, con dous arcos de medio punto simples dobrados, hai restos de inscripcións. Coroa a fachada unha espadaina que fai as veces de campanario. A decoración interior é moi destacable. Ao retirar hai uns anos un retábulo, apareceron decorando os muros do altar maior unhas interesantes pinturas. Datadas no século XV-XVI, amosan rasgos estilísticos máis ben propios do gótico. A un lado e outro da xanela xeminada do testeiro (con arquiños de ferradura) hai representada unha anunciación. Á esquerda, o arcanxo Gabriel, e á dereita a Virxe xunto a unha torre que lle serve asemade de atril. No alto, hai unha representación do Pantocrator, rodeado dun medio nimbo, dende o que descende a pomba do Espírito Santo. Propiedade: Descoñecida Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Dato descoñecido Tradición oral: A Igrexa pertenceu á orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén ou Orde de Malta, sendo a máis importante das súas posesións na bisbarra. Un dos seus privilexios era o de dereito de asilo aos criminais que entrasen nela procurando refuxio. Referencias bibliográficas: Bango Torviso, Isidro G. Arquitectura Románica en Pontevedra. Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1979.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/07/castro-da-brea/ Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro , Concello: Marín Parroquia:Seixo (Nosa Señora do Carmo) Lugar:A Brea Cronoloxía: Idade do Ferro , Descrición: Castro situado no alto do outeiro da Brea, no lugar do mesmo nome. Aínda que moi alterado, é posible albiscar a súa estructura básica, cunha croa achandada, rodeada de taludes, de pranta ovalada, e de modestas dimensións (uns 70 metros no eixo N-S por 40 no eixo E-W). En tempos recentes, o castro sufríu unha importante alteración. Foi rodeado por absurdos muros de formigón, delimitando a croa polo Oeste, ocultando presumiblemente as defensas por esta banda, ademais de erguer, no centro da croa, unha especie de palco de verbenas tamén de cemento. Posiblemente, na súa conversión en campo de festas (!?) se arrasara e achandara o espazo intramuros. O castro tamén servíu de canteira para fornecerse de cachote para facer valos nas fincas veciñas, e algunhas das súas pedras forman improvisados milladoiros. O lugar tamén foi salferido de randeeiras e outros entretementos infantís, hoxe (e poida que sempre) en desuso. Con todo, o lugar conserva ben a característica topografía dun castro da idade do ferro. Propiedade: Comunal Uso actual: Equipamento Código no Catálogo da Xunta:GA36026021 Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Tradición oral: Referencias bibliográficas:
Wikiloc
Seixo - Circular 1
near Campo, Galicia (España) by bunto
Elevation Profile
Trail distance: 4.35 mi. - 7 km.

Elevation min: 19 meters max: 158 meters
Uphill: 176 meters down: 172 meters
Type: Loop
Seijo (gasolinera)- Brea - Castro - Oubiña - O Campo - As Abesadas - O Con - Seijo (iglesia protestantes) - Sejo (colegio) - Castro da Brea ... read more →

Upload your trail to wikiloc.com →

Comentários

    You can or this trail